Qwerty Magazine é unha revista diferente e a nosa aposta é tamén diferente. Somos Sandra e Javier e con este proxecto queremos contar historias. A túa historia. Aquelas nas que os protagonistas son creativos, artesáns, músicos, cociñeiros, deseñadores, enxeñeiros, agricultores, fotógrafos…

Queremos dar voz e poñer rostro ás ideas e proxectos máis creativos, máis innovadores, aos que teñen unha longa historia detrás, e a aqueles outros que nacen e a súa historia está por escribir, aos que se reinventan e aos que buscan a súa oportunidade. Porque son ideas que nacen preto de nós, no noso entorno. E queremos que sexan os protagonistas os que nos conten a súa propia historia, en primeira persoa.

Qwerty Magazine nace como revista de divulgación, pero sobre todo de inspiración. Así que escribiremos e sacaremos fotografías para inspirarvos e para inspirarnos. O noso obxectivo é compartir experiencias.

 

Por que Qwerty?

Eliximos este nome para que nunca se vos esqueza cómo nos chamamos. Son as seis primeiras letras do teclado e quixemos recuperar a esencia das máquinas de escribir, do seu son, do papel… Nun mundo cada vez máis dixital seguimos tendo nostalxia das antigas máquinas de escribir así que nos pareceu a palabra perfecta para definir o noso proxecto.

Se tes unha historia que contarnos, se eres creativo e tes unha idea, queremos coñecerte, escríbemos a info@qwertymagazine.com. Estaremos encantados de falar contigo!

Sandra e Javier